Presentación literaria: "Antoloxía poética de Enrique Labarta Pose"

Submitted by xestor on Mér, 03/04/2024 - 21:10
16
Apr
2024
Presentación literaria: "Antoloxía poética de Enrique Labarta Pose"
Imaxe
Enrique Labarta Pose. Antoloxía poética

O martes, 16 de abril, ás 19 horas, presentaremos no Auditorio do Museo o libro Enrique Labarta Pose. Antoloxía poética, editado por Galaxia.

Enrique Labarta Pose cultivou todos os xéneros literarios e destacou como xornalista a finais do século XIX nas cidades de Santiago e Pontevedra. Nesta Antoloxía poética recóllense corenta poemas en lingua galega publicados tanto en libro como en prensa, e moitos deles acadaron premio en distintos certames literarios da época. Botando man dunha pluralidade de voces poéticas, Enrique Labarta legounos un conxunto de textos que son espello dunha temática variada que parte da liña intimista e navega polas procelosas augas do humor satírico e a denuncia de corte social.

No acto de presentación participarán Xosé María Rey Lema e Xosé Manuel Varela Varela, editores da obra; Jorge Mira, voceiro da Comisión Enrique Labarta Pose para as Letras Galegas; Manuel Muíño Espasandín, alcalde do Concello de Zas; Xesús Domínguez Dono, director de Produción da Editorial Galaxia; e Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego.