Colección

Submitted by admin on Lun, 28/12/2020 - 16:00

Colección

Bloque 1

A colección do Museo do Pobo Galego está formada na súa maior parte por obxectos da vida cotiá que a sociedade galega creou e empregou para satisfacer as súas necesidades prácticas e espirituais. Aínda que comezou como colección etnográfica, centrada no mundo rural e mariñeiro, co paso do tempo foise ampliando cara a outros contidos tanto artísticos como históricos.

A principal característica da colección é que non se trata dunha compilación de pezas únicas ou senlleiras, de elevado valor económico, estético ou artístico. Son obxectos utilitarios de uso doméstico, persoal e ritual elaborados cunha finalidade e un valor de uso que o paso do tempo deixou esquecidos nos faiados. Cando a súa utilidade queda nun segundo plano, pasan a ser apreciados por outros motivos e comezan a adquirir valor cultural. Son eses obxectos da vida cotiá os que activan a nosa memoria e nos dan testemuño da forma de ser e de vivir da sociedade galega de tempos pasados, achegándonos información sobre os seus costumes, estilo de vida, estrutura social, crenzas, etc.

Imaxe destacado 1
Nasa
Debuxo J. Pena
Destacado bloque 1
"Son obxectos utilitarios de uso doméstico, persoal e ritual elaborados cunha finalidade e un valor de uso que o paso do tempo deixou esquecidos nos faiados"
Bloque 2

A colección acada hoxe en día preto de 15.000 pezas. Trátase dunha colección en continuo crecemento que segue medrando día a día grazas ás doazóns de particulares e institucións que constitúen o 90 % da colección. E do total da colección só o 15 % está exposto nas salas permanentes, gardándose o resto nas salas de reserva para montaxes de exposicións, actividades, préstamos e consultas.

A colección comezou a formarse cos fondos destinados ás tres primeiras salas abertas ao público en 1977: olaría, tecido e cestaría. Estes proviñan principalmente das achegas de patróns e patroas fundadoras: así, a sala de olaría nutriuse da magnífica colección de cerámica de Luciano García Alén e María García Ayaso, formada por pezas procedentes das diferentes aldeas oleiras de Galicia. A sala dos tecidos montouse a partir das achegas de Ramón Villares Paz e Cipriano Jiménez Casas, así como da recuperación das pezas do antigo Seminario de Estudos Galegos que formaran parte do seu Museo entre 1930 e 1936. O resto das pezas, especialmente a sala de cestaría, foron compradas a diferentes artesás e artesáns espallados por toda a xeografía galega, nun traballo de recollida encomendado a diversas persoas do Padroado do Museo.

Destacado bloque 2
"A colección supera hoxe en día as 15.000 pezas"
Imaxe destacado 2
Xeneral
Debuxo X.R. Marín
Bloque imaxe
Imaxe catálogo
Bloque título
ACCEDE AO CATÁLOGO EN LIÑA
Título cadro 1
Consultas e investigación
Texto cadro 1

A solicitude para o acceso ás coleccións de fondos materiais farase por escrito, remitindo ao MPG, debidamente cuberto e asinado, o formulario de solicitude. O FORMULARIO DEBERÁ IR ACOMPAÑADO DUNHA EXPLICACIÓN RAZOADA DO PROXECTO QUE SE PRETENDE REALIZAR.

- coleccion@museodopobo.gal
- 981583620
- Belén Saenz-Chas
Título cadro 2
Reprodución
Texto cadro 2

A solicitude de reprodución dos fondos materiais, documentais e bibliográficos farase por escrito, remitindo ao Museo do Pobo Galego, debidamente cuberto e asinado, o formulario de solicitude.

A tarifa por cada reproducción dixital é de 12€ (IVE incluído).

Título info
Doazóns

Texto info

Construír a colección do Museo do Pobo Galego non sería posible sen as doazóns dunha longa listaxe de persoas desde a propia fundación da institución. Se tes unha peza que cres que podería facer parte dela e queres doala ao Museo, estas son as condicións para o procedemento.

Dropdowns
Pie info
PARA CALQUERA OUTRA CONSULTA SOBRE A COLECCIÓN
- coleccion@museodopobo.gal
- 981 583 620
Restauración do Pantocrátor de Santa Baia de Camba (Rodeiro)

Escultura do século XII

Xugo de sachadora, feito polo carpinteiro Francisco Cerviño García
O Pouso, San Xiao de Vea (A Estrada)
Cobertor de gurullo ou levante
Estopa, farrapos e la. Terras da Ulla
Espadeleiro, 1915-1925
Val de Vea (A Estrada)
Cristo do desencravo, 1780-1800
FERREIRO SUÁREZ, José (1738-1830, escultor). Santiago de Compostela
Botes tipo tanque da Botica do Hospital Real
Santiago de Compostela. Real Fábrica de Sargadelos (3ª época 1845-1862)
Zanfona. Ca. 1900.

Proceso de fotografado en 3D (ou 360o) da Zanfona do antigo Seminario de Estudo Galegos.

Traxe feminino da burguesía e fidalguía

Belle Epoque, 1889-1914

Ídolo feminino

Cultura Castrexa. Caraveles. Urdilde (Rois)

Traxe de ir a misa de Xenerosa Penabad
Muras, ca. 1872
Ámboa
Gundivós (Sober)
Medalla da Batalla de Rande con mapa da ría de Vigo

Raíña Ana de Inglaterra, 1702