Programación 19 MICE Museo do Pobo

Tipo nova
DEAC
Programación 19 MICE Museo do Pobo
Imaxe
Presentación 19 MICE

19ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego presentou hoxe a súa programación, centrada este ano na ollada do cinema etnográfico sobre o político. 

Na MICE, que do 20 ao 26 de marzo inaugurará en Compostela a temporada anual de festivais galegos de cinema, poderán verse preto de 70 pezas procedentes de máis dunha ducia de nacionalidades. Na grella de programación, ademais das proxeccións, sesións formativas e de debate, contido para familias e escolares, e máis contido que pode consultarse na web do festival

Na presentación oficial da programación desta décimo novena edición participaron a directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira; a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; a autora da imaxe e da peza de autor da 19 MICE, Sabela Souto; a concelleira responsable de Capital Cultural de Santiago de Compostela, Míriam Louzao Fernández; o deputado provincial da Coruña Xosé Luis Penas Corral; e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil. 

Consulta aquí a grella da 19 MICE ao completo.