Revista ADRA nº 14

Submitted by admin on Ven, 12/02/2021 - 11:26

Nestes momentos de confinamento tamén hai instantes para acender novas luces. Aproveitamos este tempo para presentar aquí o último volume da revista ADRA, revista que facemos desde o Museo do Pobo Galego. Agardamos que este número, no que estreamos novo deseño, sexa de interese para todos e todas que, neste momento, quedades na casa. Tamén queremos dar as grazas á xente que ten axudado na súa realización.

Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade

Submitted by admin on Mar, 09/02/2021 - 16:49

Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) é o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego puxo a andar en abril de 2007. Trátase dun arquivo público e accesible que ofrece gravacións orais e musicais, así como os datos necesarios para poñelas no seu contexto cultural.

Eventos

Submitted by admin on Xov, 04/02/2021 - 15:59

Eventos

Logo MICE

Biblioteca Xaquín Lorenzo Fernandez

Submitted by admin on Xov, 04/02/2021 - 13:04

Biblioteca Xaquín Lorenzo Fernandez

Foi o primeiro presidente do Padroado do Museo. Na súa mocidade colaborou asiduamente co grupo Nós e co Seminario de Estudos Galegos. Destacou como coñecido investigador e sintetizador da etnografía galega a través da obra: Etnografía. Cultura material, en Historia de Galiza, Bos Aires, 1962. Traballou tamén nos campos da arqueoloxía e da historia. A súa afección á fotografía e habelencia no debuxo quedan plasmados en moitos dos seus traballos.

DEAC

Submitted by admin on Xov, 04/02/2021 - 08:46

DEAC

O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego é un mediador coa comunidade que nos sustenta. O servizo, que existe como tal desde o curso escolar 1997-98, desenvolve o seu labor suxeito ás reflexións propias da educación, pero tamén ás que afectan á institución da que forma parte, como a antropoloxía social e cultural ou a museoloxía.

San Domingos de Bonaval

Submitted by admin on Mér, 03/02/2021 - 12:22

San Domingos de Bonaval

O antigo convento de San Domingos de Bonaval sitúase fóra da cidade amurallada, na aba da Almáciga e ao lado da Porta do Camiño, pola que entran cara á catedral os peregrinos do Camiño Francés.

A súa fundación remóntase á Idade Media. Segundo a tradición, foi creado polo propio san Domingos de Guzmán, que peregrinaría a Compostela en 1219. Con todo, o corpo conventual actual corresponde á renovación barroca do arquitecto Domingos de Andrade.