Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade
Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) é o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego puxo a andar en abril de 2007. Trátase dun arquivo público e accesible que ofrece gravacións orais e musicais, así como os datos necesarios para poñelas no seu contexto cultural.
Eventos
Eventos
Biblioteca Xaquín Lorenzo Fernandez
Biblioteca Xaquín Lorenzo Fernandez
Foi o primeiro presidente do Padroado do Museo. Na súa mocidade colaborou asiduamente co grupo Nós e co Seminario de Estudos Galegos. Destacou como coñecido investigador e sintetizador da etnografía galega a través da obra: Etnografía. Cultura material, en Historia de Galiza, Bos Aires, 1962. Traballou tamén nos campos da arqueoloxía e da historia. A súa afección á fotografía e habelencia no debuxo quedan plasmados en moitos dos seus traballos.
DEAC
DEAC
O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego é un mediador coa comunidade que nos sustenta. O servizo, que existe como tal desde o curso escolar 1997-98, desenvolve o seu labor suxeito ás reflexións propias da educación, pero tamén ás que afectan á institución da que forma parte, como a antropoloxía social e cultural ou a museoloxía.
San Domingos de Bonaval
San Domingos de Bonaval
O antigo convento de San Domingos de Bonaval sitúase fóra da cidade amurallada, na aba da Almáciga e ao lado da Porta do Camiño, pola que entran cara á catedral os peregrinos do Camiño Francés.
A súa fundación remóntase á Idade Media. Segundo a tradición, foi creado polo propio san Domingos de Guzmán, que peregrinaría a Compostela en 1219. Con todo, o corpo conventual actual corresponde á renovación barroca do arquitecto Domingos de Andrade.
Cinco roteiros para descubrir o Museo
Cinco roteiros para descubrir o Museo
Ano 1978
Premio da Crítica de Galicia, na versión de iniciativas culturais, á creación dun centro que recupere e potencie a voz e o acento da nosa cultura, aquilo que máis caracteriza e constitúe o noso estar no mundo, o noso xeito de existir.
Ano 1984
Medalla de Ouro das Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela ao labor cultural.
Ano 1985
Premio ADELPHA en recoñecemento do traballo realizado en prol do estudo e difusión da cultura popular.