Carlos García Martínez. Obra completa, é a homenaxe do Museo do Pobo Galego ao que fora un dos fundadores e director, en virtude de corenta e dous anos de entrega xenerosa. O libro inclúe un inédito, "Crónica inacabada de unha terra", o traballo que o autor deixou pendente de culminar e que aparece editado ao coidado de Justo Beramendi.
Andrade en Bonaval é unha contribución eminentemente visual á conmemoración do Ano das Artes, dedicado pola Real Academia Galega de Belas Artes ao eminente arquitecto ceense, de quen o edificio que nos acolle é unha das súas obras emblemáticas. O autor das fotografías en 3D é Juan Feáns.
Os animais de Fraguas recolle un texto até agora inédito de Antonio Fraguas que describe crenzas populares arredor de distintos animais, e para o que contamos coa colaboración de Miguelanxo Prado, un dos grandes da ilustración a nivel galego e mundial, gran coñecedor da cultura galega e quen achegou os fermosos debuxos que enriquecen o texto. Kiko da Silva encargouse da edición artística, coeditada pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Museo do Pobo Galego, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga