Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

O Museo do Pobo Galego acolle a cuarta mesa do VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades

16-11-2020

Santiago de Compostela, martes 24 de novembro de 2020. A sexta edición do Foro do Instituto de Estudos das Identidades (IEI), que nesta ocasión se celebra baixo o título de “A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, Lingua e Cultura”, celebra a súa cuarta sesión o xoves 26 de novembro ás 18h00 da tarde no Auditorio do Museo do Pobo Galego.

A mesa terá como tema central a cultura popular, a identidade e sociedade civil e estará coordinada e moderada por Prudencio Viveiro Mogo, do Consello da Cultura Galega. Na mesa participarán Olga Romasanta (de Rexenerando Sociedade Cooperativa); Luzia Oca, antropóloga e docente da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, UTAD); Xerardo Pereiro, tamén da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, UTAD); e o poeta e estudoso da tradición oral galega, Celso Fernández Sanmartín.

Este foro de reflexión sobre a identidade galega ten como fin repensala dende o século XXI, retomando o legado que deixou a Xeración Nós no ano no que se celebra o seu centenario, segundo explica a organización. O ciclo de conferencias está organizado polo Museo do Pobo Galego e o Consello da Cultura Galega, baixo a coordinación dos profesores universitarios Dolores Vilavedra e Uxío-Breogán Diéguez, en representación de ambas entidades.

O VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades, que está composto por cinco mesas que se celebrarán en datas puntuais ao longo de novembro e ata o 2 de decembro, tratará temáticas amplas para obter un enfoque poliédrico da situación identitaria galega.

As prazas para asistir ao acto son limitadas e acolleranse por rigorosa orde de inscrición no correo: foroiei@museodopobo.gal

 

 

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade