Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Novas

Mesa redonda arredor dos libros e o erotismo

04-10-2018

 

O Museo do Pobo Galego acolleu o pasado xoves 4 de outubro a mesa redonda "Arredor dos libros e do erotismo", unha actividade que complementou a exposición "BibliotequEros: o erotismo nas bibliotecas do MPG". No acto participaron o comisario da exposición Santiago Díaz Lage, a antropóloga Fátina Braña e o editor de Positivas e labrego Francisco Macías. Ao fin do acto actuaron as poetas María Lado e Lucía Aldao. 

 

Unha exposición que foi crecendo no seu transcurso

 

Durante a exposición de BibliotequEros, que leva aberta ao público dende o pasado 5 de xullo, a mostra foi crecendo. Foron varias as persoas socias do Museo do Pobo Galego que quixeron facer doazóns de exemplares das súas bibliotecas particulares, para ampliar así a colección bibliográfica sobre a temática da exposición. Estas novas achegas, referentes a Galicia e que inclúen exemplares descoñecidos ata agora, sumáronse á exposición e poderán verse ata o día do peche da mostra.

 

Aberta a exposición ata o 14 de outubro

 

A exposición BibliotequEros, que se poderá visitar ata o vindeiro día 14 de outubro, mostra a representación das distintas faces de Eros no fondo bibliográfico e documental que garda o Museo do Pobo Galego na súa biblioteca. Unha colección que alberga libros que tocan diferentes dimensións da temática erótica e que son valiosos polos textos, as ilustracións ou as súas características bibliográficas. A exposición mostra a riqueza da produción literaria en relación ao erotismo a través de autores como Safo, Bocaccio, Sade, Méndez Ferrín, Miller (entre outros); as edicións coidadas de moitas destas obras (algunhas ilustradas por Becat, Moré, Serafín ou Leiro) e a presencia de editores como Kieffer ou Barbadillo. Edicións populares de épocas diferentes tantas veces condenadas conviven na mostra (e na biblioteca do Museo) con edicións de tiraxe limitada feitas, sobre todo, en Francia e destinadas aos bibliófilos. A exposición inclúe tamén unha serie de obras que dende a historia, a antropoloxía, a socioloxía e a arte complementan e amplían a visión sobre o tema.

 

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade