Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



EXHIBITIONS

Visit the temporary exhibitions helded in our Museum

expo3

Isaac Díaz Pardo. Escolma de obra miúda. Homenaxe no seu centenario

25-11-2020 - 03-01-2021

A Oficina de Socias e Socios do Museo do Pobo Galego organiza esta escolma de obras e deseños de Isaac Díaz Pardo, no ano en que se clebra o centésimo aniversario do seu nacemento. A mostra conta con elementos cedidos polas seguintes persoas e entidades: Xosé Ramón Fandiño Veiga, Luís Martul Tobío, Esperanza Delgado Rosende, Familia Taboada Saavedra, Colección Museo do Pobo Galego, Biblioteca Museo do Pobo Galego.


expo3

Mar de libros. Homenaxe á Xeración Nös

15-10-2020 - 06-12-2020

 O Museo do Pobo Galego acolle a exposición 'Mar de libros', da artista Isabel Pintado, unha mostra comisariada por Antón Castro, que homenaxea á Xeración Nós no centenario do seu nacemento. Esta exposición temporal, apoiada polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, poderase visitar ata o 6 de decembro no Museo do Pobo Galego. 


INFORMATION PAGES


Download de application  "Acrobar Reader" to see the document

Audioguide

Audioguide

Wellcome to the Museo do Pobo Galego




Online Library

Online Library

 On-line Photo Library Access toOnline Library



DEAC ( Educational and Cultural Action)

DEAC

 DEAC Photos More information in: DEAC



GRAPHIC ARCHIVES

GRAPHIC ARCHIVES

Graphic File Photos More information in: GRAPHIC ARCHIVES



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal




virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download





OUTSTANDING

Museum Activities

A MICE abre o prazo de inscrición de película para a súa 16ª edición. 25-11-2020

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se desenvolverá entre o 23 e o 28 de marzo de 2021, abre o prazo para a presentación de filmes que serán seleccionados para concursar na Sección Oficial da XVI edición da mostra. As películas que poderán concorrer á MICE deberán ter sido producidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018. O prazo de admisión de filmes estará aberto dende hoxe, día 19 de novembro, ata o vindeiro 8 de xaneiro de 2021ás 23.59h, a través das plataformas Clickforfestivals, Filmfreeway e FestHome. A MICE conta co apoio de AGADIC, da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago. O Museo do Pobo Galego promove a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico co fin de achegar o cine etnográfico e a antropoloxía audiovisual ao público, entendendo o cinema etnográfico como unha ferramenta de investigación, comunicación e creación, no ámbito da representación da diversidade cultural. Busca xerar un espazo de diálogo e intercambio arredor de filmes que mostren aspectos relacionados coas distintas realidades socioculturais, tendo como foco principal as persoas, os grupos sociais ou os procesos históricos relevantes relacionados coa antropoloxía e a etnografía.

Download file  in PDF format Download - PDF - 155Kb


Mostra bibliográfica Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero. 02-11-2020

Esta pequena exposición temporal é a contribución da institución ao Día das Letras Galegas que este ano 2020 homenaxea a Ricardo Carvalho Calero. A mostra bibliográfica recolle algunhas das obras do autor a partir dos fondos do Museo do Pobo Galego: unha primeira parte recolle as publicacións sobre os seus estudos literarios con obras de referencia como a "Historia da literatura galega contemporánea" ou traballos que tratan a cuestión lingüística da reintegración do galego no ámbito da lusofonía. Unha segunda parte, acolle as súas obras de narrativa, poesía e teatro. E, a última, agrupa publicacións e estudos sobre a súa figura. Como curiosidade na mostra tamén se pode ver unha carta manuscrita na que Carvalho Calero lle solicita información a Antonio Fraguas, primeiro director do Museo, sobre a normativa do ensino privado, no que tivo que traballar, debido á súa situación de inhabilitación profesional ao ter estado preso.

Download file  in PDF format Download - PDF - 265Kb

The museum houses


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy