Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



EXPOSICIÓNS

Visite as exposicións temporais que se desenrolan nas dependencias do noso Museo

expo3

Inventario español dos coñecementos tradicionais relativos á biodiversidade

17-01-2017 - 09-03-2017

Proxecto promovido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente

 


PÁXINAS INFORMATIVAS

PÁXINAS INFORMATIVAS 10/2016. 17-10-2016

Páxinas Informativas - Outubro, 2016

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF -" 2655Kb


Páxinas informativas 7/2016. 30-07-2016

Achegamos a información desta segunda parte do verán.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF -" 2470Kb


descarga a aplicación "Acrobar Reader" para poder ver o documento

Audioguía

Audioguía

Benvida ao Museo do Pobo Galego




Biblioteca online

Biblioteca online

Foto Biblioteca On-line Acceso a Biblioteca online



DEAC (Educación e Acción Cultural)

DEAC

Foto del DEAC Máis información en: DEAC



ARQUIVO GRÁFICO

ARQUIVO GRÁFICO

Foto Arquivo Gráfico Máis información en: ARQUIVO GRÁFICO



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: www.apoi-mpg.org




visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga





DESTACADAS

Actividades do Museo

Programa "TEÑO UNHA PEZA". 19-01-2017

No 2017 o Museo do Pobo Galego cumpre 40 anos desde a súa inauguración no ano 1977. Con este motivo bótase a andar un novo programa, Teño unha peza, título vencellado á actual campaña de promoción Teño un Museo, impulsada polos socios da institución e que pode verse na páxina Web do MPG e tamén, grazas á colaboración do Concello de Santiago, en distintos lugares públicos da cidade. En Temos unha peza convocarase o público, unha vez ao mes -agás agosto-, a un coloquio cun persoeiro representativo da cultura, a ciencia, o deporte, a política, o deseño, o teatro, o periodismo... Tendo como pretexto unha obra dos propios fondos do museo, as intervencións, escapando do coñecido acto convencional, pretenden achegar os valores museísticos con actuacións abertas, nas que os invitados engadirán o seu selo persoal. Unha pegada particular que, nesta libre lectura, contará coa música, a performance, o documental ou a representación dramática do momento. Trátase, pois, de dar unha visión singular, ao mesmo tempo que didáctica e creativa, non dunha interpretación meramente técnica; é un achegamento dende a área vital de relevantes persoas do noso país ao Museo do Pobo Galego, que agora cumpre anos, precisamente asociado á vida de Galicia.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 148Kb


CURSO: O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?. 23-11-2016

O Departamento de Educación do Museo do Pobo Galego e a Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencias Tipo Alzhéimer (AGADEA) colaboran, desde 2006, coa finalidade de estimular, a partir do patrimonio cultural que o Museo atesoura, ás persoas con demencias tipo alzhéimer. Como froito deste traballo, nace en 2016 a guía “Activando a Memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva”, pensada para implementarse desde o ámbito da educación patrimonial e da terapia cognitiva. No curso "O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?", Beatriz Rey (terapeuta ocupacional) e Carme Campo (educadora do Museo) explicarán as diferentes fases de traballo para elaborar estes materiais e porán en práctica varios dos exercicios recollidos nela. Será no mércores 23 de Novembro, de 16h a 19h no auditorio do Museo do Pobo Galego. Está dirixido a persoas do ámbito terapéutico, das educación patrimonial e a coidadores e coidadoras de persoas con doenzas tipo alzhéimer. O curso é gratuíto e conta con prazas limitadas polo que é necesario inscribirse antes do 18 de Novembro en deac@museodopobo.gal ou no 981 583 620.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 188Kb

O museo acolle

Curso de Ética aplicada á Acción socioeducativa. 20-01-2017

Os días 20 e 21 de xaneiro, 3 e 4 de febreiro, o auditorio do MPG acolle as sesións do curso que organiza o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. Os relatores son Sergio Ramos Pozón, os días 20 e 21, e Joan Canimas Brugué, os días 3 e 4. Información: http://ceesg.org/novas/1135/ultima-chamada--curso-etica-aplicada-accion-socioeducativa


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade