Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións

Mar de libros. Homenaxe á Xeración Nös

15-10-2020 - 06-12-2020

“A Xeración Nós abriu un tempo novo para a lingua, para a literatura e para as artes galegas en xeral, un cambio perfectamente retratado nesta fantástica exposición que nos amosa a pintura en diálogo cos libros, coas palabras, coa poesía, coa literatura”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na súa intervención. Participaron na inauguración, ademais do representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e do comisario da mostra, o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, e mais o director do museo, Manuel Vilar.

 

A exposición concédelle un protagonismo especial á pintura, cunha selección de obras onde o libro é o centro dos cadros que forman parte dos fondos da artista, así como de coleccións particulares de Galicia, Madrid e Portugal, entroutras procedencias.

 

'Mar de libros' conta cunha sección de libros intervidos. Ademais, o traballo plástico arredor do libro enténdese como unha combinación entre pintura e literatura; un diálogo entre o escritor e a artista que se enriquece coa suma das partes, de xeito que cada un dos exemplares intervidos convértense en pezas artísticas únicas, ligadas ás propias composicións poéticas e literarias. Outra sección da mostra é a referida aos libros de artista, exemplares únicos que manteñen unha interconexión co resto dos exemplares intervidos.

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade