Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións

XI Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

26-10-2019 - 30-11-2019

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, promovido pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, está formada polos traballos dos dous centros premiados nesta XI edición. Na modalidade de ensino primario, o premio recaeu no traballo do CEIP Ana María Diéguez de Asados (Rianxo), presentado baixo o título de “Pintando o patrimonio, definimos a nosa identidade”. É unha investigación escolar que destacou pola divulgación dos elementos do patrimonio etnográfico e histórico da súa contorna e que culminou na realización colectiva dun mural para referencia da comunidade local. 

 

 

Na modalidade de ensino secundario, o proxecto seleccionado foi o titulado “Iconografía sacra e profana no concello de Silleda” do CPR María Inmaculada de Silleda, que destacou por favorecer as estratexias de investigación e divulgación que permitiron o coñecemento de manifestacións artísticas na súa contorna. A exposición poderase ver dende este 26 de outubro ao 30 de novembro.

 

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas 

A Fundación Antonio Fraguas busca lembrar a través da organización deste proxecto didáctico á figura do eminente pedagogo que fora primeiro director do Museo do Pobo Galego. Faino premiando á comunidade escolar polos seus esforzos cara a educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valoración dos máis diversos elementos do noso acervo cultural, que os centros participantes realizan a través de traballos de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da súa contorna.

 

 

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e está recoñecido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como proxecto de innovación educativa.

 

 

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade