Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións

13º Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado

01-03-2018 - 08-04-2018

O Premio Ksado e algo máis que un premio de fotografía: É unha aposta pola fotografía máis próxima, polo documentalismo, polo foto-xornalismo,... é unha cita onde se xuntan fotógrafos e amantes da imaxe arredor dos obradoiros de fotografía convocados, premiando unha serie de fotografías que nos contan unha historia e que amosa a capacidade narrativa e de comunicación da linguaxe fotográfica.

 

            A colección de fotografías premiadas, “Mascaritas. Entroido solitario” son da autoría de Xoán Crespo. É unha mirada singular ao mundo do Entroido galego. Festa moi retratada como tradición colectiva e social, Laza, Verín, Xinzo, Xerais…

            “Entre caladas” de Manuel Touza lévanos polo mundo suxerinte das sombras e o branco e negro. Manuel Valcárcel na serie  “Ice guy” descríbenos a dureza do transporte do xeo no sueste asiático. “A persistencia do deserto” queda perfectamente narrada nas imaxes de Fuco Reyes. “Para diso” é unha aproximación ao mundo máis inmediato de Carmen Aguado. José Manuel López aposta polo foto-xornalismo máis puro, para reflectir a violencia contra os cristiáns  en Irán, na serie “Éxodo cristián de Irán”. “After the quake” é unha visión intimista do Xapón despois do terremoto, feita por Noela Roibas.

            O  premio complétase co nomeamento  como Fotógrafo Histórico a Carlos Valcárcel, autor asentado en Lugo, onde desenvolveu a súa obra durante máis de 50 anos. Retratou o rural galego cunha mirada respectuosa e de nostalxia cara a un mundo que ten máis de pasado que de presente.

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade