Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SERVIZOS

Servizos que ofrece o Museo

EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL: Programación


MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO / ETHNOGRAPHIC FILM FESTIVAL MUSEO DO POBO GALEGO 

              

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico está promovida polo Museo do Pobo Galego. O Museo é unha institución sen ánimo de lucro, cuxo traballo está orientado cara aos obxectivos xerais de investigación, conservación, divulgación, defensa e promoción da cultura galega en todos os seus ámbitos desde a perspectiva da antropoloxía cultural. Neste contexto, o do campo da antropoloxía social e cultural, o modo narrativo complexo que é o cinema ten demostrado ser un excelente medio de representación capaz de capturar elementos que dificilmente poden alcanzar outras linguaxes. E isto xa o sabían persoas como Xoaquín Lorenzo, Xocas, fundador e primeiro Presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. El, que na década dos trinta sentaba as bases da etnografía galega moderna, foi o artífice, xunto a Antonio Román, de O Carro e o Home, unha das películas fundacionais da cinematografía galega e que forma parte do legado que Xocas deixou ao Museo. Parecía lóxico, polo tanto, que a entidade facilitase un espazo de divulgación do cinema etnográfico, o que se fixo desde 2005 a partir dun proxecto do DEAC (Departamento de Educación e Acción Cultural) do Museo.

O evento quere dar a coñecer os traballos audiovisuais que se fan no campo da etnografía e a antropoloxía visual, concepto que nace ao redor da década dos 40. Nesta altura a corrente do cine etnográfico era positivista, cun marcado carácter etnocéntrico. Vai ser a irrupción de movementos como o cinema verité ou o direct cinema estadounidense os que marcarán un camiño para salvar as limitacións narrativas no cinema etnográfico. Na actualidade as posibilidades e variedade de modalidades mediante as que se representan as culturas van desde o documental clásico expositivo ate os ensaios fílmicos máis experimentais, pasando polo cinema directo, o vídeo-diario ou as narrativas autorreflexivas.

Entre os obxectivos da MICE están:

• Difundir propostas audiovisuais que produzan coñecemento sobre os colectivos sociais e as culturas humanas, pero que tamén coiden o punto de vista cinematográfico exhibindo os traballos destacados neste campo e abordando as novas tendencias no cinema etnográfico;

• Potenciar e divulgar a creación de traballos audiovisuais con este carácter en Galicia; Posibilitar un foro en Galicia para aquelas persoas interesadas na relación entre o cinema e a antropoloxía social e cultural;

• Amosar unha Etnografía que vai moito máis alá do exótico, do primitivo ou do tradicional, cunha práctica na que se integran as olladas sobre as persoas e os contextos do presente, os cambios sociais e a diversidade cultural da época na que nos tocou estar;

• Incidir nun tipo de cinema diferenciado que promove o coñecemento e o respecto pola diversidade, así como o uso da arte cinematográfica como ferramenta para o cambio;

• Tratar singularmente o cinema etnográfico realizado por mulleres, un colectivo que, como outros minorizados, leva tempo construíndo unha narrativa na que poida recoñecerse, tamén nesta relación de confluencia entre a teoría e a práctica cinematográfica e a antropoloxía social e a cultural.

RULES AND REGULATIONS   A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, aposta por un cinema sensible ao xeito etnográfico de entender a realidade. Un cinema que explora novos temas e reflexiona sobre os fenómenos socioculturais mostrando as diferentes formas de abordar as cuestións que interesan á antropoloxía, desde a linguaxe audiovisual. A MICE quere ser un espazo para a exhibición pero tamén para a formación e o debate ao redor do cinema etnográfico e a Antropoloxía (audio) visual.

A sección oficial a concurso conta con tres premios: Mellor Filme Etnográfico; Mellor Filme Etnográfico Galego ; e Premio do Público.

Estamos desexosos de recibir as túas películas.

 Equipo  MICE, Museo do Pobo Galego.


EDICIÓNS


13 MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego

                                               4-10 xuño 2018. Santiago de Compostela

                         

Programa 13 MICE Museo do Pobo Galego

13ª MICE Museo do Pobo Galego.CONCURSO/COMPETITION



 

12 MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego

                             29 de maio ao 3 xuño 2017. Santiago de Compostela.

Catálogo12MICE

12 MICEmpg. Un resumo.



               11 MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

                                Museo do Pobo Galego

                             Do 13 ao 18 de xuño de 2016 


Horario de atención DEAC

Horario do Museo

De Martes a Venres::
11 -14 horas // 16 - 17:30 horas

Préstamo

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Solicitude de préstamo de materiais e videoteca
Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca

Solicitude

Formulario de solicitude de visita/actividade didactica

Formulario de solicitude de visita/actividade didáctica
Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade