Instrucións para actividades autónomas
Actividades para Educación Infantil, primeiros cursos de Educación Primaria e grupos familiares.
Coscobellos. Xogo para visita
Os grupos familiares tamén podedes usar O remuíño que se fixo escaleira
Actividades para Primaria.
Navegando con Rosa. Para 1º e 2º.
Museo en Test. Para 3º e 4º.
Museo en Test. Para 5º e 6º.
Fraguando datos. Conto para o xogo sobre Antonio Fraguas. / Fraguando datos sobre D. Antonio. Pistas. Xogo de pistas a partir dun conto sobre a infancia de Antonio Fraguas. Para familias e grupos de Educación Primaria.
Actividades para Secundaria
Entramado de Oficios. Xogo de pistas para 1º e 2º da ESO.
Contidos en anacos Para grupos de persoas adultas e escolares maiores de 16 anos.
Cosocobellos. Para Educación Infantil, primeros cursos de E. Primaria y grupos familiares.
Contenidos en pedazos. Juego para visita. Juego para personas mayores de 16 años.
Jeu de pistes pour les lycées.
Coscobellos treasure hant! Game tracks for families.
Swirl of Tracks. and Solutions. Game tracks for high school students.
Esta guía de recursos é froito dunha década de traballo. Coa colaboración de AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer) e o patrocinio de Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela, facemos a nosa pequena achega a un problema sociosanitario que nos afecta a todas e todos: o Alzheimer.
Unha parte importante da experiencia desenvolvida ate agora, recóllese, a maneira de actividades prácticas, neste documento que podedes descargar de balde premendo na ligazón. Activando a Memoria no MPG. Guía de recursos para a estimulación cognitiva.
FONDOS MICE MUSEO DO POBO GALEGO
Existe unha colección de caderniños dispoñible en papel e que son de distribución gratuíta para colectivos socioculturais e centros escolares. A serie consta das seguintes monografías: medio mariño, artes e embarcacións tradicionais, tecido, música, muíños,cantaría, entroido, olaría, pan, traxe, xogos, viño e dúas dedicadas ás figuras de Xaquín Lorenzo e Antonio Fraguas.
Tamén se atopan dispoñibles en pdf os seguintes:
Aproveitamento didáctico dos contidos do Museo do Pobo por roteiros:
1. Histórico-Artístico
2. Mar e Campo
3. Oficios
4. Espazo Construído
5. Sociedade
Propostas de traballo
A partir do proxecto audiovisual " En todas as mans" de Trespés Coop. facemos unha propostiña para achegar o tema do mancomún á escola.
A evolución e os usos da música, a execución do baile e dos diferentes tipos de danzas, as recollidas etnográficas ou o uso da tecnoloxía na conservación destes saberes, son algúns dos aspectos sobre os que traballar nesta proposta baseada na música e no baile como parte importante do noso patrimonio inmaterial.
De Martes a Venres::
11 -14 horas // 16 - 17:30 horas