Ano 2012
Premio da Fundación Luis Tilve de Defensa dos Bens Comúns pola actividade desenvolvida na defensa do patrimonio cultural e artístico de Galicia.
Premio da Fundación Luis Tilve de Defensa dos Bens Comúns pola actividade desenvolvida na defensa do patrimonio cultural e artístico de Galicia.
Medalla de Honor da Real Academia Galega de Belas Artes, recoñecendo a loita que a nosa institución vén levando a cabo na investigación, conservación, divulgación e promoción da cultura galega en todos os ámbitos, concedendo unha especial importancia aos aspectos antropolóxicos do pobo galego.
Pedrón de Ouro, en mérito do compromiso do Museo do Pobo Galego co patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia.
O 40º aniversario da inauguración do Museo do Pobo Galego foi a ocasión para a concesión de cinco notables galardóns.
Cornamusa de honra do Festival Atlántica polos 40 anos gardando a memoria de Galicia.
Premio honorífico Adolfo Enríquez da romaría etnográfica Raigame, que coorganizan a Deputación de Ourense e o Concello de Celanova.
Medalla "Amigo da Solaina" da Fundación Paco Lareo "A Solaina", pola traxectoria a prol da nosa cultura.
Premio Alecrín da Federación de Entidades Culturais galegas en Catalunya na modalidade de Institucións Culturais.
Premio Fernández Latorre. A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre valorou o compromiso do Museo para promover a investigación, conservación, divulgación e promoción da cultura material e inmaterial de Galicia.
Premio San Martiño de Normalización Lingüística. Concedido pola Asociación Cultural "O Brado" da Estrada.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, establece que as entidades privadas que perciban durante o período dun ano axudas ou subvencións públicas nunha contía superior a 100.000 euros deberán informar dos datos do seu funcionamento e xestión consonte o que establece a dita lei.
Atopándose nesta circunstancia, a Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego ofrece na súa pestana de transparencia a información relevante nos correspondentes apartados.
Proxectos do propio DEAC ou en colaboración con outras entidades e institucións ao redor do significado e do proceso da acción de mediación en e a través do museo.
A Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego, constituída en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1976, ten como obxectivos investigar, conservar, divulgar e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos; e, concretamente, crear e manter un museo ao servizo destes obxectivos.
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico nace en 2006 e deseñouse como un evento do Museo do Pobo Galego para dar a coñecer os traballos audiovisuais relacionados coa etnografía e a antropoloxía, disciplinas científicas nas que se enmarca o traballo do Museo, unha entidade que, despois de máis de catro décadas de existencia, asume o reto de traer ao presente unha parte fundamental do noso patrimonio.
O obxectivo da Fundación Antonio Fraguas é o de fomentar a recollida e estudo da cultura material e espiritual de Galicia. Ten como espazo de referencia singular o Museo do Pobo Galego, por desexo expreso do seu fundador en 1999. E é que o Museo recolle o legado do labor de D.