Presentación REVISTA ADRA 16

Tipo nova
Biblioteca e arquivos
Presentación REVISTA ADRA 16
Imaxe
ADRA 16

O día 6 de novembro presentamos o número 16 da REVISTA ADRA,  publicación anual das socias e socios do museo, que nesta ocasión adica un monográfico dirixido a poñer en evidencia a realidade das mulleres na contorna de ámbitos tan diferentes como son os da prehistoria, a emigración, a sexualidade, o rural, a saúde mental, a literatura, o baile, as artes plásticas ou os museos. Os distintos artigos abórdanse desde a investigación documental e a análise rigorosa das distintas problemáticas relacionadas co tema de xénero.

Especialistas como Aurora Marco, Andrea Mouriño, Andrea Quintana, Amada Traba, Carme Campo, Chis Oliveira, Chus Caramés, Encarna Otero, Rosa García Orellán, Lidia Senra, Lola Ferreiro, María Tilve, Mar Caldas e Mariam Mariño, xunto ás ilustracións de Mónica Montero, dan forma ás distintas colaboracións deste novo número.