XEIRA POR MURAS E VILALBA
O pasado 5 de outubro fixemos a visita guiada a Muras e Vilalba organizada pola Oficina de Socias e Socios, co fin de coñecer o noso patrimonio cultural.
Na aldea de Aguias, en Muras, visitamos a exposición “A malla de Pascual 1957” promovida polo LABC (Legado Activo Beiras Cal). Con fotografías de Antón Beiras e textos do crítico de arte Carlos L. Bernárdez, o historiador Bruno Esperante, a poeta Olga Novo, o fotógrafo Daniel Díaz Trigo, a dramaturga Carme Varela, e a bióloga e neta de Pascual Luz Guerreiro, María Luz Guerreiro. Fomos recibidos por estas dúas últimas, Carme e María Luz, as cales explicaron e amosaronnos os escenarios da Malla de Pascual na aldea das Aguias: a casa familiar de Antía Cal, o Mesón das Aguias, o rairo da auga e a eira de Pascual.
Despois fixemos una breve visita a Muras. Estivemos no Campo da Feira e na Casa do Médico, unha iniciativa pioneira das e dos galegos de Muras na Habana que permitiu dotar de asistencia médica a máis dun cento de familias.
Antes de marchar visitamos a aldea do Burgo, aos pés do río Eume. Estivemos no muíño dos Rodríguez, a igrexa e o cruceiro. Tivemos a sorte de ser agasallados cuns freixós da pedra preparados polas mans expertas de Puriña do Burgo.
Despois do xantar, trasladámonos a Vilalba onde visitamos o museo da escola habanera da Liga Santaballesa. Tamén fixemos, en compaña de representantes do Instituto de Estudos Chairegos, un percorrido pola vila, parando na Torre dos Andrade para facer una foto de grupo.