Xa hai data e cartel para a 17 MICE

Tipo nova
DEAC
Xa hai data e cartel para a 17 MICE
Imaxe
cartel 17 mice

Do 28 de marzo ao 2 de abril celebrarase a 17MICE, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, cun cartel inspirado no traballo, tema que centrará todos os aspectos desta edición. A imaxe gráfica está feita a partir dunha fotografía dunha cheminea industrial, un elemento que remite aos procesos fabriles da modernidade e, á vez, a un modelo que se reprega fronte á forte tecnoloxización e dixitalización. Unha cheminea rehabilitada e protexida cunha estrutura de aceiro conserva os recordos do que foi Regojo, o grupo empresarial con sede en Redondela que empregou desde finais dos anos 5o do século pasado e ata a década dos 70 a máis de 1.500 persoas. 

A fotografía foi realizada pola xornalista silledense Mónica Ares e o deseño gráfico é de Sacauntos.

O festival conta co apoio do Museo do Pobo Galego, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e AGADIC.

Máis información sobre a historia desta fotografía aquí.