A Voltas co baile. O sentido de comunidade nos espazos e prácticas do baile
No sábado 30 de setembro retomamos a actividade "A voltas co baile" para reflexionar sobre o sentido de comunidade nos espazos e prácticas nas que se desenvolve.
Programa:
10h30 -11h30. Relatorio. Ao coidado do patrimonio inmaterial. Repensando a música e o baile tradicionais como bens mancomunados. Con Xulia Feixoo.
11h45-12h45. Relatorio. Arredor do patrimonio cultural inmaterial colectivo. Viaxe a unha declaración BIC. Con Beatriz Busto Miramontes.
13h-14h. Mesa redonda. Foliada, ruada, serán... O encontro da comunidade a través do baile. Contaremos con Adrián Méndez pola Foliada da Fonsagrada, Chus Caramés polos Encontros de música tradicional de Carboeiro (Silleda) e Lucinda Barcia e Monserrat Alvariño Barcia polo Serán dos Namorados (Toutón, Mondariz).
14h-20h. FOLIADA. No xardín da ala sur do Museo e co-organizada coa AVV A Xuntanza e o grupo das Festas do Barrio de S. Pedro. Será formato romaría, así que convidámosvos a que traiades o xantar e os vosos ecovasos, xa que haberá barra para bebida.
Inscricións para a xornada teórica en servizosdeac@museodopobo.gal antes do 29 de setembro.
Todo o programa, aquí.