Resolución do proceso de selección da Dirección do Museo do Pobo Galego

Resolución do proceso de selección da Dirección do Museo do Pobo Galego
Imaxe
Fachada MPG

Dacordo co establecido nas bases da convocatoria de concurso de méritos para a selección de candidatura á Dirección do Museo do Pobo Galego, anunciamos a resolución do proceso:

Na Asemblea Xeral do Padroado do Museo do Pobo Galego, celebrada o 25 de maio de 2024, acordouse a aprobación da candidatura presentada polo antropólogo e arqueólogo Xosé Lois Ladra Fernández (A Coruña, 1972), que fora previamente elixida pola Comisión de Selección e aceptada polo Consello de Goberno. 

Nas próximas semanas farase oficial o nomeamento e a contratación de Lois Ladra, que substituirá no cargo ao actual director, Manuel Vilar, que deixará o posto por xubilación.