Mostra bibliográfica Letras Galegas 2024: Luísa Villalta

Tipo nova
Exposicións
Mostra bibliográfica Letras Galegas 2024: Luísa Villalta
Imaxe
Mostra bibliográfica Luísa Villalta

Como cada ano, desde o Museo sumámonos á celebración das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Luísa Villalta.

A mostra bibliográfica que pode visitarse no claustro recolle algunha das obras da autora, a partir dos fondos do Museo do Pobo Galego. 

Nada no 1957, a música acompañouna até a súa morte prematura en 2004, o mesmo que a súa dedicación á literatura, onde cultivou o ensaio, a narrativa, o teatro e a poesía. Entre as obras máis destacadas figuran títulos como Concerto para un home só (1989), O representante (1990) e O paseo das esfinxes (1991) no campo da literatura dramática; Unha ecuación teatral (1992), ensaio sobre Don Hamlet de Cunqueiro; as novelas Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001); e os poemarios Música reservada (1991), Ruído (1995) ou En concreto (2004).