CONVOCATORIA "ENTREAMIGOS"

Tipo nova
Socias e socios
CONVOCATORIA "ENTREAMIGOS"
Imaxe
""

Este ano vaise celebrar unha nova edición da Bienal de Fotografía "Entreamigos", a duodécima, que conta como comisario ao patrón do Museo, D. Manuel González Reboredo.

Dentro dos temas escollidos para esta convocatoria salienta o adicado ás actividades do Seminario de Estudos Galegos, por cumprirse o centenario da súa fundación. Nesta ocasión, canda os adultos, van poder partillar na exposición os nenos e nenas que sexan socios e socias do Museo.

O prazo de presentación remata o 15 de marzo de 2023.

 

ACTUALIZADO: amplíase o prazo de presentación ata o 25 de abril de 2023.