36.ª Edición dos Premios Antón Losada Diéguez
Acabamos de recibir na nosa Biblioteca as obras procedentes da 36.ª Edición dos Premios Antón Losada Diéguez, da cal o Museo forma parte do xurado desde hai anos.
Este premio é un certame literario convocado anualmente desde o ano 1985 polos Concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense. Prémianse obras publicadas no ano anterior entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: Creación literaria e Investigación e ensaio.
As obras premiadas en 2021 foron: Quérote canto, de Baldo Ramos e Eva Veiga (Editorial Galaxia) na modalidade de Creación literaria, e O Reino medieval de Galicia, de Andrade Cernadas e López Carreira (Xerais) na categoría de Investigación e ensaio.