A voltas co Baile. Alternativas sobre a práctica do baile. Dous casos de reivindicación queer: Mallorca e Asturias.
No sábado 27 de abril, no auditorio do Museo do Pobo Galego, celebraremos unha nova xornada de A voltas co baile para a reflexión sobre os usos, procesos de transmisión e de cambios que, a través da historia, experimentou o baile para conformarse como hoxe o coñecemos. Nesta 12° edición analizaremos campos de discusión relacionados coas perspectivas de xénero e queer que atravesan ao baile tradicional como ferramenta de socialización.