Instituto de Estudos das Identidades
Instituto de Estudos das Identidades
En maio de 2005 o Padroado do Museo do Pobo Galego decidiu crear o Instituto de Estudos das Identidades (IEI), como un departamento do propio museo.
Panteón de Ilustres de Galicia
Panteón de Ilustres de Galicia
Co traslado dos restos de Rosalía de Castro desde Iria Flavia (Padrón) ao novo mausoleo de Bonaval en 1891, foise fraguando a idea de converter a igrexa de San Domingos nun Panteón que acollese outras personalidades destacadas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Político, artista e escritor. Un dos pais do Nacionalismo galego, loitando polo Estatuto desde o seu escano de deputado nas Cortes primeiro e desde o exilio tralo levantamento militar e a Guerra Civil.
Domingo Fontán
Autor da Carta Geométrica de Galicia e da triangulación xeodésica de Galicia, coa que se adiantou 19 anos á cartografía do resto da península Ibérica.
Francisco Asorey
Escultor innovador, reflectiu en moitas das súas obras o espírito do pobo galego cun xenio inconfundible. A súa obra Santa é unha das máis relevantes da arte galega do século XX.
Ramón Cabanillas
Denominado como poeta de Raza, a súa lírica é combativa e reivindicativa
Alfredo Brañas
Ideólogo do Rexionalismo galego. Economista, político e profesor, deixou marcado no seu labor xornalístico o seu pensamento de corte tradicionalista.
Rosalía de Castro
Escritora do movemento do Rexurdimento no que se reivindica a lingua, historia e cultura propias de Galicia. É a autora de Cantares Gallegos (1863), o primeiro libro publicado integramente en galego.