A voltas co Baile. Alternativas sobre a práctica do baile. Dous casos de reivindicación queer: Mallorca e Asturias.

Submitted by xestor on Mar, 26/03/2024 - 10:42

No sábado 27 de abril, no auditorio do Museo do Pobo Galego, celebraremos unha nova xornada de A voltas co baile para a reflexión sobre os usos, procesos de transmisión e de cambios que, a través da historia, experimentou o baile para conformarse como hoxe o coñecemos. Nesta 12° edición analizaremos campos de discusión relacionados coas perspectivas de xénero e queer que atravesan ao baile tradicional como ferramenta de socialización. Contaremos con experiencias de Mallorca e Asturias, para adentrarnos neste patrimonio inmaterial  de xeito teórico e práctico

De 10h30 a 13h30: Bailar, reivindicar e sentiras danzas tradicionais contemporáneas nas Illas Baleares, con Bàrbara Durán Bordoy.
 
De 16h30 a 19h:  O control dos corpos no baile tradicional asturiano: alternativas desde unha perspectiva tradicuir, con Aida Mariño Ardura.

De balde para persoas socias e desempregadas. Prezo xeral 5€. 
Máis información e inscricións en servizosdeac@museodopobo.gal até o 24 de abril.

Imaxe programa
Cartel A voltas co baile 2024
Ficheiro programa
Peso programa
0