Xulián Magariños e o Seminario de Estudos Galegos

Submitted by xestor on Mar, 05/09/2023 - 21:30
16
Sep
2023
Tipo evento
Evento
Xulián Magariños e o Seminario de Estudos Galegos
Imaxe
Xulián Magariños e o Seminario de Estudos Galegos

O Museo do Pobo Galego e o Concello de Negreira organizan este sábado, 16 de setembro, unha xornada na honra do negreirés Xulián M. Magariños (1904 -1934), un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. O acto, aberto á cidadanía, enmárcase nas celebracións polo centenario da fundación da institución. 

A xornada comezará ás 11 da mañá, cun acto institucional no Salón de Plenos do Concello de Negreira, coa participación de X. Amancio Liñares Giraut, coordinador da actividade; Concepción Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego; Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego; e Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira.

Seguidamente, ás 12:30 horas, realizarase unha visita polos espazos relacionados con Xulián Magariños, guiada e teatralizada pola compañía “Os Quinquilláns”. 

O programa de actos continuará coa plantación dunha árbore na Plaza do Ferreiro, ás 13:30 horas, e co xantar de confraternidade. Xa pola tarde, ás 18 horas terá lugar a inauguración da mostra fotográfica Xulián Magariños na entrada do Centro Sociocultural, e ás 18:30 horas pechará a xornada un concerto a cargo do Dúo Minguante no Auditorio Afonso Eanes do Cotón

Máis información: no teléfono: 981 583 620 ou no enderezo electrónico secretaria@museodopobo.gal