X. Carballido: SEICA no Museo do Pobo Galego

Submitted by xestor on Mar, 14/09/2021 - 12:06
15
Sep
2021
Tipo evento
Exposición
X. Carballido: SEICA no Museo do Pobo Galego
Imaxe
Deseño e intervención en caixas de mistos

Patrocinada por O Dezaseis - Casa de Xantar, esta mostra representa un circuito completo a través da obra artística de Xesús Carballido.

Carballido, na súa obra, aproveita infinidade de materiais, moitos de pequeno formato, para a realización de colaxes e obras complexas onde o visitante, e incluso o observador casual, poden perderse identificando a gran cantidade de detalles e recordos que conforman cada conxunto. Dese xeito é sinxelo pasar do detalle á comprensión xeral de cada unha das súas creacións, como tamén sucede á inversa, pasando da ollada xeral de cada traballo á procura dos detalles particulares.

Por este motivo a visita a esta mostra non deixará de sorprender e, case con total seguridade, incitará a unha segunda, e ata unha terceira visita, porque sempre nos quedará a sensación de non ter observada toda a complexidade que reviste.

Coa colaboración da Xunta de Galicia - Xacobeo 2021/22