Romarías e santuarios. Gustav Henningnsen, fotografías etnográficas (1965-1968)

Submitted by xestor on Ven, 20/08/2021 - 09:18
29
May
2019
Tipo evento
Exposición
Romarías e santuarios. Gustav Henningnsen, fotografías etnográficas (1965-1968)
Imaxe
Nosa Señora dos Milagres de Caión (Santa María do Socorro de Caión, A Laracha). Descansando despois do camiño.

En 1965 o doutor en antropoloxía Gustav Henningsen ( Slagelse, Dinamarca, 1934) chegou a Galicia, cunha bolsa da Universidade de Copenhague, co fin de investigar para a súa tese doutoral, crenzas e tradicións vinculadas á historiografía da bruxería. Durante tres anos, xunto a súa muller Marisa, percorreu pobos e aldeas, achegándose a todo tipo de ritos e prácticas ancestrais, que recompilou nunha valiosa documentación fotográfica e oral, recollida coa axuda dunha cámara e un básico magnetófono. No ano 2015, o Museo do Pobo Galego dedicou unha mostra e unha documentada publicación a este acreditado folclorista danés, con imaxes realizadas na comarca de Ordes, e tituladas Galicia máxica: reportaxe dun mundo desaparecido. Fotografías etnográficas 1965-1968.

 Esta nova cita, dando continuidade á anterior, está encabezada polo epígrafe Galicia Máxica, e aplícase a amosar en máis de oitenta fotografías os santuarios e romarías galegos máis significativos, un rigoroso traballo de campo que Henningsen levou a cabo a mediados da década dos sesenta. No inventario fotográfico de Henningsen, contémplanse os dous ámbitos que motivan as romarías como espazo para o sacro e o profano. Os dominios milagreiros coas procesións, as propiedades sandadoras, as ofrendas e exvotos, as poxas na Lanzada... acábanse por entrecruzarse cos festexos ao aire libre, as reunións e animadas celebracións festivas.

 

Descarga