O xoves, 28 de novembro, ás 19:00 horas, o Museo acolle a proxección do documental Os millos ausentes. Unha creación audiovisual da produtora Illa Bufarda sobre o proxecto de investigación do arqueobotánico e arqueólogo Andrés Teira Brión realizado para a Universidade de Oxford. A peza, de 25 minutos de duración, indaga nos usos e métodos de cultivo do millo miúdo, un cereal case extinto na Península Ibérica tras diversos procesos de globalización. O filme foi gravado en diferentes localidades de Asturias, Galicia e Portugal.
Na presentación do documental participarán o propio Andrés Teira, xunto coas representantes da produtora Sabela Iglesias e Pilar Abaldes, acompañadas pola presidenta do Padroado do Museo, Concha Losada. A continuación da proxección, celebrarase un coloquio coas persoas asistentes.
O tráiler do documental está dispoñible nesta ligazón.