O martes, 2 de xullo, ás 19:00 horas, proxéctase no Auditorio do Museo o documental Anduriña. Muller de ida e volta, dirixido por Cristina Pascual e producido por O Faiado Producións.
O filme conta a historia de quince mulleres, veciñas do concello de Maceda, que tiveron que emigrar e que retornaron despois a Galicia. Unha experiencia que coñece de preto tamén a directora da peza, quen viviu sete anos en Chile por motivos laborais.