Presentación do libro 'Epigrafía romana de Galicia I - Provincia de A Coruña'

Submitted by xestor on Lun, 27/11/2023 - 13:00
30
Nov
2023
Tipo evento
O Museo acolle
Presentación do libro 'Epigrafía romana de Galicia I - Provincia de A Coruña'
Imaxe
Libro Fundacion L. Monteagudo

O xoves, 30 de novembro, ás 19 horas, acollemos no Auditorio do Museo a presentación do libro Epigrafía romana de Galicia I - Provincia de A Coruña, coa intervención dos autores, Juan Manuel Abascal Palazón, catedrático de Historia Antiga da Universidade de Alacant e unha das maiores autoridades a nivel mundial en epigrafía romana; e Alberto López Fernández, investigador, coordinador e secretario da Fundación L. Monteagudo. Completa o equipo, no que se refire ao abundante material gráfico que inclúe esta publicación, o fotógrafo e xornalista José M. Salgado.

Este volume, de 672 páxinas e cun total de 223 pezas, será o primeiro dunha magna colección aborda a epigrafía romana na provincia da Coruña, incluíndo pezas inéditas (nalgún caso recuperadas durante o propio traballo de elaboración do catálogo) ou dadas por desaparecidas ata o de agora. Esta obra, que en principio constará de 6 ou 7 volumes, dada a extraordinaria cantidade de epígrafes cos que conta, particularmente a provincia de Ourense, pretende completar a totalidade do corpus de inscricións romanas de Galicia, levando a termo tentativas anteriores, como a do Instituto Padre Sarmiento ou a do Consello da Cultura Galega que, por circunstancias diversas, quedaron inacabadas. 

Ás persoas asistentes entregaráselles como agasallo un exemplar do libro editado pola Fundación L. Monteagudo.