Este luns, 6 de marzo de 2023, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico impulsada polo Museo do Pobo Galego presentou a programación completa da súa 18ª edición, que terá lugar do 15 ao 21 de marzo.
Á presentación oficial, celebrada no Museo, asistiron a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; a directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira; a concelleira responsable de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; o deputado provincial da Deputación da Coruña, Xosé Penas Corral; e o director da Agadic, Jacobo Sutil.
Todas as proxeccións e as actividades paralelas serán de balde, e as entradas estarán dispoñibles a partir deste venres, 10 de marzo.
Toda a información e a noticia completa, na web da MICE.