Pablo Picasso na Biblioteca do Museo do Pobo Galego

Submitted by admin on Ven, 29/12/2023 - 11:33
14
Apr
2023
Pablo Picasso na Biblioteca do Museo do Pobo Galego
Imaxe
PABLO PICASSO na Biblioteca do Museo do Pobo Galego

A biblioteca quere achegar o seu grao de area ás homenaxes que neste ano se celebran conmemorando o centenario do nacemento de Pablo Picasso.

 

Contamos na nosa Biblioteca cunha nutrida e selecta colección de monografías dedicadas a vida e obra do autor,  grazas principalmente á Biblioteca da Familia Baltar e máis directamente a Ramón Baltar Domínguez  grande admirador do artista.

 

Estes libros, máis de medio cento, están a disposición directa para a súa consulta ou visión desde o próximo 18 de abril ata o 18 de maio na Biblioteca do Museo e será posible acceder a ela en horario de 11 a 15 horas, de martes a xoves, previa solicitude no correo electrónico biblioteca@museodopobo.gal