Obradoiro: adaptación do sector agrogandeiro e pesqueiro ao cambio climático

Submitted by xestor on Xov, 21/11/2024 - 11:11
23
Nov
2024
Tipo evento
O Museo acolle
Obradoiro: adaptación do sector agrogandeiro e pesqueiro ao cambio climático
Imaxe
Alimentta

Este sábado, 23 de novembro, o Museo do Pobo Galego acolle un obradoiro organizado por Alimentta e EqualSea Lab (CRETUS-USC), no que participarán 15 profesionais do sector agrícola e outros tantos do pesqueiro, xunto a un grupo de científicos especialistas nesas áreas. O obxectivo do encontro é crear un espazo de diálogo sobre os problemas aos que se enfrontan, derivados do impacto do cambio climático, así como as súas estratexias de adaptación.

O evento, que conta co financiamento da Fundación Biodiversidade e Alimentta, forma parte do proxecto “Vía Sabia: tendendo pontes entre saberes para unha mellor adaptación ao cambio climático dos sistemas agroecolóxicos e pesqueiros".