O xoves, 9 de novembro o IES Pazo da Mercé, no Concello das Neves, acolle unha conferencia de Clodio González Pérez sobre a figura da profesora e escritora Sara Leirós, unha das mulleres do Seminario de Estudos Galegos.
Será ás 09:50 horas e contará coa participación do alumnado do centro.
A charla forma parte de "O SEG por Galicia adiante", o programa de actos na terra das e dos membros do SEG organizado polo Museo polo centenario da institución.
Descarga
PDF DEAC
O SEG e Sara Leirós303.63 KB