No interior do abandono: fotografías de Carlos Lorenzo e poemas de Baldo Ramos

Submitted by xestor on Ven, 18/03/2022 - 13:41
10
Mar
2022
Tipo evento
Exposición
No interior do abandono: fotografías de Carlos Lorenzo e poemas de Baldo Ramos
Imaxe
Acevedo do Río

No interior do abandono é unha viaxe visual e poética polas aldeas do rural galego que están a sufrir o despoboamento e a desmemoria. Os lugares que somos. Os lugares que nos definen como pobo.

O poeta e artista plástico Baldo Ramos e o fotógrafo Carlos Lorenzo superpoñen pasado e presente nas súas obras, facendo sempre pé na súa orixe común nas terras do interior de Ourense e tecendo un diálogo esperanzado e comprometido sobre unha problemática que reclama a nosa atención e complicidade.

Porque nos recoñecemos nestes lugares. E confiamos no seu futuro.