Cartografías Téxtiles é un proxecto internacional de investigación-acción participativa que procura promover o estudo e o facer artístico con materiais e técnicas textís como o bordado (ou calquera outra) que se empregan aquí como elementos que favorecen a cohesión social, o activismo medioambiental e a relación coa identidade e o patrimonio.
O tema que propoñemos aquí é: “Dálle voz ao lugar” mediante o que convidamos a participar cosendo, bordando, debuxando... as vosas historias sobre as teas de xeito que con todos os cadrados vaiamos construíndo unha cartografía colectiva que amose a diversidade de voces e narrativas téxtiles e funcione como un chamamento colectivo contra os conflitos sociais e ambientais e polo futuro dos lugares e xa que logo, do planeta.
No Museo estará nas súas salas en forma de Instalación participativa do 4 ao 30 de Abril. Se queredes formar parte e contribuir con algunha peza, podedes descargar as instruccións para participar pinchando aquí.
Para saber máis sobre o Proxecto preme aquí.
Proxecto Cartografías Téxtiles: organizado por APECV (Portugal).
Coordinadoras do proxecto en Santiago de Compostela: María Jesús Agra, Cristina Trigo.
Coa colaboración do Museo do Pobo Galego e a Facultade de Ciencias da Educación (USC).