Inauguración exposición "Os animais de Fraguas"

Submitted by xestor on Mar, 11/06/2024 - 08:56
25
Jun
2024
Tipo evento
Exposición
Inauguración exposición "Os animais de Fraguas"
Imaxe
Os animais de fraguas

O martes, 25 de xuño, ás 13:00 horas, inaugúrase no Centro Cultural Antonio Fraguas, situado en Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, a exposición dos debuxos realizados por Miguelanxo Prado para o libro Os animais de Fraguas.

Son un total de 26 deseños, pequenas obras de arte realizadas por Miguelanxo que establecen un diálogo entre a súa linguaxe visual e a linguaxe textual de Antonio Fraguas.

A exposición, que estará aberta durante todo o verán, foi producida polo Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas, e conta coa colaboración do Concello de Cerdedo-Cotobade, membro do Padroado do Museo.