Inauguración da exposición "Habitar o baleiro"

Submitted by xestor on Ven, 07/06/2024 - 09:25
13
Jun
2024
Inauguración da exposición "Habitar o baleiro"
Imaxe
Habitar o baleiro

O colectivo Habitar o baleiro inaugura o xoves, 13 de xuño, ás 18 horas, na Ala Sur do Museo do Pobo Galego unha exposición sobre o despoboamento e a vida no rural de Galicia.

A mostra é unha escolla dunhas corenta fotografías tomadas por Brais Lorenzo ao longo de dez anos, fundamentalmente nas provincias de Lugo e Ourense, combinadas nunha narrativa complementada por audios, vídeos e textos dos xornalistas Cláudia Morán, Sergio Pascual e Lucía Abarrategui, para crear unha experiencia inmersiva. 

Participarán na presentación o director do Museo, Manuel Vilar; o fotógrafo Brais Lorenzo e as xornalistas Cláudia Morán e Sergio Pascual

Dossier "Habitar o baleiro"