Exposición "Os animais de Fraguas"

Submitted by xestor on Mar, 11/06/2024 - 08:56
25
Jun
2024
Tipo evento
Exposición
Exposición "Os animais de Fraguas"
Imaxe
Os animais de fraguas

Desde o martes, 25 de xuño, até o 29 de setembro poderá verse no Centro Cultural Antonio Fraguas, situado en Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, a exposición dos debuxos realizados por Miguelanxo Prado para o libro Os animais de Fraguas.

Son un total de 26 deseños, pequenas obras de arte realizadas por Miguelanxo que establecen un diálogo entre a súa linguaxe visual e a linguaxe textual de Antonio Fraguas.

A exposición está organizada polo Museo do Pobo Galego, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Concello de Cerdedo-Cotobade, membro do Padroado do Museo; e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. 

Horarios de apertura:

- Sen reserva: venres de 17:00 a 20:00 horas e sábados de 11:00 a 14:00 horas. 

- Con reserva previa (tel. 660 708 902): martes a venres de 11:00 a 14:00 horas. 

- Grupos e colectivos poden concertar visita no teléfono 660 708 902.