Un ano máis, o Museo do Pobo Galego e a Escola de Música Play celebraremos conxuntamente o Día Europeo da Música. Será cun concerto, titulado No reino da choiva, que terá lugar o venres, 21 de xuño, a partir das 17:30 horas na Igrexa de Bonaval.
Unha colaboración iniciada en 2011, e a través da cal un grupo de docentes da escola de música, en colaboración co Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo, inspíranse no patrimonio galego para desenvolver este proxecto educativo-creativo de transmisión da música e a cultura galega.
Descarga
PDF DEAC