Procedente do Museo Provincial de Pontevedra, Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa reúne 52 imaxes tomadas polo fotoxornalista Xan Carballa durante os actos levados a cabo en Santiago con motivo do retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o 28 de xuño de 1984. Concretamente, en tres espazos: o aeroporto da Lavacolla, os exteriores de San Domingos de Bonaval e o propio Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, lugar onde foi soterrada a gran figura do galeguismo.
Comisariada por Xosé Enrique Acuña, a exposición pode verse de martes a sábados até o 28 de xuño, de 16 a 20 horas.