Asemblea anual de socias e socios do Museo

Submitted by xestor on Ven, 25/04/2025 - 11:31
10
May
2025
Asemblea anual de socias e socios do Museo
Imaxe

sábado, 10 de maio, celebraremos a asemblea anual de socias e socios, ás 11 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria.

Ao remate da Asemblea procederase a impoñer a insignia de prata do Museo do Pobo Galego ás persoas socias que cumpran 25 anos como membros da nosa entidade.

A continuación, ás 13:30 horas, será á inauguración da exposición Entre Amigos, fotografía etnográfica e antropolóxica de socias e socios do Museo do Pobo Galego.

Tanto a acta da anterior asemblea como a convocatoria da actual poden consultarse nas seguintes ligazóns: 

Acta da asemblea xeral ordinaria de socias e socios do Museo do Pobo Galego de 4 de maio de 2024

Convocatoria da asemblea xeral de persoas socias 

As persoas socias que non recibisen comunicación por correo electrónico, poden poñerse en contacto con nós en socios@museodopobo.gal, e actualizar os seus datos de contacto.