Actos conmemorativos do 50 aniversario do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no Museo

Submitted by xestor on Mar, 12/09/2023 - 08:14
12
Sep
2023
Tipo evento
O Museo acolle
Actos conmemorativos do 50 aniversario do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no Museo
Imaxe
50 aniversario COAG

O martes, 12 de setembro, ás 19:00 h, o Museo do Pobo Galego acolle a apertura e inauguración dos actos conmemorativos do 50 aniversario do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

O acto abrirase cun recoñecemento ao labor dos Decanos e Decanas que o COAG tivo ao longo dos seus 50 anos de historia. A continuación, terá lugar a sinatura do Protocolo de Colaboración entre o COAG e a Consellería de Cultura, co Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para a posta en marcha do Arquivo da Arquitectura de Galicia. Por último, con motivo deste acto inaugural, terá lugar a presentación do libro do Catedrático Emérito D. José Ramón Alonso Pereira “A arquitectura de Galicia. Dous mil anos de historia”. 

Máis información na web do COAG