Abre a inscrición de películas para a 19ª MICE Museo do Pobo Galego

Submitted by xestor on Mar, 05/12/2023 - 12:41
06
Dec
2023
Tipo evento
Evento
Abre a inscrición de películas para a 19ª MICE Museo do Pobo Galego
Imaxe
Inscricións 19 MICE

MICE, o festival de cinema que organiza o Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela celebrará a súa décimo novena edición do 20 ao 26 de marzo de 2024. Para esta edición da MICE ábrese este mércores, 6 de decembro, o período de rexistro de filmes que aspiren a formar parte da sección oficial. O festival conta con catro premios aos que optan todos os filmes seleccionados e un premio específico para as películas galegas.  
 
tema elixido para esta 19 MICE é “pensar o político desde unha abordaxe etnográfica”. Segundo a organización, ponse o foco na riqueza que a ollada etnográfica pode achegar á análise política, nunha forma de aproximación ás categorías e prácticas do mundo vinculados co educativo, co económico ou co relixioso; a dimensión cotiá na política, é dicir, os espazos onde se viven e se crean as significacións ao redor do político e nos que se tecen prácticas e relacións; os vínculos e a súa deriva entre suxeitos e Estado; os rituais do político ou o poder simbólico da política. 

O peche de inscricións será o 10 de xaneiro de 2024, e o rexistro pode facerse a través das plataformas Clickforfestivals, Festhome e Filmfreeway.

Máis información na páxina web da MICE

Descarga
PDF DEAC