17º concurso de fotografía Xurxo Lobato

Submitted by xestor on Mar, 07/06/2022 - 11:09
07
Jun
2022
Tipo evento
Exposición
17º concurso de fotografía Xurxo Lobato
Imaxe
Dan Grigore: Un mundo interior

O Concurso de Fotografía Xurxo Lobato convocase cada ano e pódense presentar alumnos de bacharelato, FP e escolas de Arte de Galicia menores de 21 anos. O organiza a Asociación de Amigos do IES Monelos da Coruña, co apio de Gadis e o concello da Coruña.

O xurado estivo composto por Xosé A. Fraga Vázquez, presidente da Asociación de Amigos do Instituto Monelos, na que actúa como Secretario do xurado, Xoán Antón Pérez Lema, e asiste como vocal Marcos Sánchez González e os expertos de arte e fotografía Rosario Sarmiento, Xosé Díaz Arias de Castro e Xurxo Lobato.

PRIMEIRO PREMIO

Tralo visionado dos traballos presentados por máis de 90 participantes de diferentes cidades e vilas galegas, realízase un debate e diversas votacións entre os membros do Xurado e decídese por unanimidade conceder o primeiro premio do 17º Concurso de fotografía Xurxo Lobato ao fotógrafo Dan Grigore, alumno do EIS Audiovisual de Vigo, pola súas fotografías Un mundo interior”. O xurado apreciou a sensibilidade na elección dun tema que provoca reflexión, expresado dun xeito singular, destacando a calidade estética nunha linguaxe visual innovadora e de vangarda.

SEGUNDO PREMIO

María Esther López Álvarez, pola fotografía de título: San Martiño”, alumna do EASD Ramón Falcón de Lugo. O xurado destacou a capacidade de expresar unha tradición galega moi retratada cun encadre e luz moi orixinais.

TERCEIRO PREMIO         

Silvia Ouro González, pola fotografía de titulo: Refracción” alumna do EASD Ramón Falcón de Lugo. O xurado valorou esta fotografía por estar realizada cun encadre moi singular e sorprendente amosando unha gran capacidade técnica e creativa.

ACCESITS

  • Aída Fernández González: Tomando el te” (EASD Ramón Falcón de Lugo)
  • Alejandra González Fernández: Bosque encantado” e “Silueta de peteiro” (EASD Ramón Falcón de Lugo)
  • Andrea Chao Fernández: Sinxeleza” (IES Pontepedriña de Compostela)
  • Inés Costado Afonso: Tempo de Lectura” (IES Monte da Vila O Grove)
  • Irene Orodea Pena: Poemas de Amor e 20 canciones desesperadas” (IES Poeta Añón de Outes)
  • Judith Hermo Nováis: “ Triste realidade” (IES Poeta Añón de Outes)
  • Luar Rodríguez Palomar: O que a xente non ve” (IES Poeta Añón de Outes)
  • Salomé Olveira Rivas Around the space” (IES Poeta Añón de Outes)

FINALISTAS

Alba García Sevilla: O espello da miña alma” (IES Eusebio da Guarda)

Alan Rodríguez Carreira: Tunel de lavado” (IES Monelos)

Alicia Mato Parga: Who`s calling ?” (IES Monelos)

Ana Molares Daponte: Frío” (EASD Antonio Failde de Ourense)

David Guerra: Azul intrépido” (IES Monelos)

Elena Rodríguez Fustes: Hanahaki” (IES Adormideras Coruña)

Marina Fernández Fernández: El reflejo del pasado” (IES Adormideras Coruña)

Nera Ma Fariña: Ansiety” (IES Alfonso X o Sabio de Cambre)

Noa Vaz Mecías: Cámara de vixilancia” (IES Carlos Casares de Viana do Bolo)

Raquel González Calvo: Outono rural” (IES Adormideras da Coruña)

Sara Fuentes Rodríguez: Infinitude” (IES Monelos)

Uxía López Amor: Larga travesía” (IES Monelos)

Vera Losada Castro: (IES Adormideras da Coruña)

Victor Casas Gorrita: Virxe extra” (IES Monelos)