Didáctica

Programas coa comunidade do ensino formal, desde a escola até a universidade.

Propostas para a aprendizaxe continua, o debate e o desexo de saber de públicos con intereses diversos explorando diferentes fórmulas de produción e transmisión do coñecemento
Título bloque 1
Escola
A visita presencial, ben sexa con modalidade libre, autónoma ou ben contando con persoal do DEAC, ten que concertarse previamente, con suficiente antelación.
Para solicitala tedes que cubrir este formulario.
Para consultar dúbidas: servizosdeac@museodopobo.gal
O horario para realizar actividades coa intervención do persoal do DEAC é de 11:00 a 14:00, de martes a venres.
Programa escolar 2º e 3º Trimestre curso 2022/23
Podedes acceder á programación de Infantil, Primaria, Secundario e Bacharelato premendo aquí.
Sesión informativa sobre como ser parte da instalación participativa "Cartografías textiles" que o Museo acolle no mes de Abril.
Toda a información premendo aquí.
Data da sesión: 23/ 2 /23.
As visitas autónomas son aquelas que non contan coa intervención directa do DEAC mais na que podedes coñecer os nosos contidos a través de materiais lúdicos tipo "xogo de pistas".
Documento explicativo sobre as actividades autónomas que vos ofrecemos:
A continuación tedes todos os materiais necesarios:
- INFANTIL E PRIMEIRO DE PRIMARIA
Coscobellos ao cesto. Instrucións + Xogo
- PRIMARIA
1,2,3... Museo en Test. Instrucións
Para 2º e 3º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
Para 4º e 5º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
Para 6º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
- SECUNDARIA
1,2,3... Museo en Test. Instrucións
Para 1º e 2º da ESO __ Pistas Itinerario I e II + Solucións
Quebracabezas temático.
Para 3º e 4º e Bacharelato. Instrucións e solucións + folla de ruta coas pistas
A fórmula Andrade.
Percorrido matemático polo Museo do Pobo Galego. Para o ciclo da ESO.
Instrucións e solucións + Xogo
Remuíño de pistas.
Xogo de pistas en diferentes idiomas pensado especialmente para centros en intercambio.
Solicitar en servizosdeac@museodopobo.gal
Para reforzar a orientación no Museo durante as visitas autónomas podedes traer impreso este Plano do Museo
Guía de Contidos. Roteiros polo Museo
Roteiro 1.pdf roteiro 2.pdf roteiro 3.pdf roteiro 4.pdf roteiro 5.pdf roteiro 6.pdf
O Ciclo Festivo
Recursos didácticos
Para traballar co ciclo festivo nos diferentes cursos de Infantil e primeiro de Primaria.
MICE Petís
Proposta para levar o cinema etnográfico ás aulas.
Dispoñíbel a modalidade virtual para secundaria e bacharelato. A partir do mes de Marzo e até Xuño.
Solicitar en servizosdeac@museodopobo.gal.
Para consultar o programa da Mice Petis 2023 premede embaixo: Secundaria e Bacharelato
Caderniños didácticos
Canteiría
Música
O Entroido
Olaría
O medio mariño
O pan
Os muíños
Os xogos
O traxe
O viño
Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas"
Título bloque 2
Outros colectivos
Contacta con servizosdeac@museodopobo.gal para marcar a túa visita ao Museo en grupo.
Non hai contido que amosar para esta sección.
Unha proposta para reflexionar sobre o proceso que, a través da historia, experimentou o baile para conformarse como hoxe o coñecemos. A voltas co baile, quere facilitar un espazo para o estudo deste elemento tan vivo do noso Patrimonio Cultural Inmaterial.