Título cóntame un conto
Cóntame un conto
Cóntame un conto
É un proxecto educativo impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos tradicionais galegos entre os escolares. O proxecto busca aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.
Participantes da III Edición Cóntame un conto 2023-2024
Resumo de actividades durante o curso 2023-2024
A nosa colección de contos
Aquí tes a nosa colección colaborativa de contos, creada con fondos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego (APOI), con narracións de contadores de contos profesionais e contos dos nenos e nenas da comunidade escolar.
Entendemos a tradición de contar contos como unha actividade viva. Convidámoste a escoitalos, contalos, traballar con eles e transformalos.